O Estado vende un 7% de Bankia moi por baixo do que pagou no rescate

|

Bankia edificio


O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (Frob) vendeu o 7% de Bankia por un importe total de 818,30 millóns de euros, a razón de 4,06 euros por título, co que sitúa a súa participación indirecta no 60,63%.


En concreto, o Frob, que posúe a participación en Bankia a través de BFA, realizou esta operación a través dunha colocación privada entre investidores cualificados dun paquete de 201,55 millóns de accións, que levaron a cabo os bancos de investimento UBS, Deutsche Bank e Morgan Stanley.


O rescate ascendeu a 22.429 millóns segundo os informes do Banco de España, pero os peritos que investigan a saída a Bolsa da entidade sosteñen que son de polo menos 46.000 millóns.


Por tanto, extrapolando o valor desta participación vendida, Bankia non valería nestes momentos nin 11.700 millóns, que supón entre unha cuarta parte e a metade do que pagamos entre todos. O rescate está máis lonxe aínda de ser recuperable.


relacionada O Banco de España cifra en máis de 60.000 millóns as perdas polo rescate bancario
relacionada A antiga cúpula de Bankia sentará no banco pola saída a Bolsa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress