​Achan sen vida nunha casa abandonada a un home desaparecido a semana pasada

|

Policianacionalpatrullacoche


A Policía Nacional atopou o corpo sen vida de Manuel Antonio V.F., o home de 58 anos desaparecido desde o pasado mércores en Ourense, no interior dunha vivenda abandonada xunto ao campo de fútbol da cidade. As primeiras investigacións apuntan a que puido falecer por causas naturais.


Ás 12,35 horas deste luns os axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) de Seguridade Cidadá atoparon o cadáver do desaparecido nunha vivenda a uns 200 metros da súa residencia habitual na rúa Murillo.


Os axentes localizaron o corpo grazas ás indicacións de varias persoas que o coñecían de ser un habitual nos bares de copas e que informaron os axentes de que, ademais, do baixo no que residía desde hai dous anos, tamén pernoitaba nun coche amarelo e nunha casa abandonada situada xunto ao estadio de fútbol.


Á súa chegada a este último lugar os axentes atoparon a porta entornada. O corpo sen vida do home estaba nunha habitación na que había dous colchóns no chan. O cadáver atopábase boca abaixo e fóra da cama.


Supostamente o falecemento produciuse de forma natural e a investigación está á espera dos datos do forense para determinar a hora e a causa da morte.


A irmá do falecido, coa que convivía ata hai dous anos, presentou o domingo unha denuncia na comisaría, onde explicou que levaba cinco días sen localizalo e que ningún dos seus coñecidos no barrio sabía explicarlle onde estaba.


relacionada Ata dous meses para saber se o cadáver atopado en Carballo é dun veciño desaparecido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress