'Poténciate': unha resposta ao fracaso escolar e en favor da inclusión

Este novo programa educativo será acollido por todos os centros públicos de educación infantil, primaria, especial e secundaria


|


Alumnos


Da man do Concello da Coruña nace ‘Poténciate’, un programa de reforzo educativo que busca favorecer a inclusión social dos estudantes e diminuír o fracaso escolar.


Este novo programa educativo poderá ser acollido por todos os centros públicos de educación infantil, primaria, especial e secundaria que cubran o formulario da web municipal, e terá lugar tras as vacacións de Nadal, durante o segundo e terceiro trimestre do curso e en sesións entre as 16.00 e as 18.00 horas.


En beneficio da inclusión social e a diminución do fracaso escolar, ‘Poténciate’ ofrece aos estudantes da Coruña actividades de apoio específico en tarefa escolares, así como de orientación e titoría. Tamén proporcionará técnicas de estudo e distintas propostas que buscan mellorar os hábitos saudables do alumnado e as súas habilidades sociais.



'Poténciate' contará con profesionais do ámbito da pedagoxía, psicopedagoxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio, así como técnicos e técnicas superiores dos ámbitos educativo, sociocultural e deportivo. O proxecto dispoñerá dun financiamento total. de 120.000 euros.

relacionada Nace unha iniciativa para promover o emprendemento nos institutos galegos
relacionada A selectividade galega adiántase de setembro a xulio a partir do próximo curso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE