​Fiscais do Supremo desprázanse a Cataluña para obter "indicios e probas" contra o 'procés'

Reuníronse con compañeiros da Fiscalía catalá, que teñen documentación dos rexistros contra o referéndo ilegal de outubro.


|

Fiscalia superior cataluna


Os fiscais do Tribunal Supremo Javier Zaragoza e Fidel Cadena reuníronse en Barcelona cos seus compañeiros de Fiscalía de Cataluña para obter "indicios e probas" que poidan resultar de utilidade para a causa que está a instruír o xuíz Pablo Llarena contra o denominado 'procés'.


Segundo informaron fontes do Ministerio Público, na súa visita á Cidade Condal os fiscais tamén puideron examinar informes e documentación que obran na causa que investiga o Xulgado de Instrución número 13 de Barcelona sobre a organización do referendo independentista do 1 de outubro.


Desde finais de novembro, é o Tribunal Supremo o que investiga a toda a cúpula da Generalitat e do Parlament, así como aos líderes da Asamblea Nacional Catalana (ANC) e Òmnium Cultural, polos presuntos delitos de rebelión, sedición e malversación de caudais públicos, mentres que a Audiencia Nacional quedou coa investigación da suposta participación dos antigos xefes dos Mossos d'Esquadra na organización do referendo.


Aínda que o xuíz Pablo Llarena reclamou para o Supremo as causas que se abriron tanto na Audiencia Nacional como no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC), aínda queda 'viva' a investigación no Xulgado de Instrución número 13 de Barcelona, a que propiciou os rexistros en sedes da Generalitat o día 20 de setembro e levou a detención de cargos públicos cataláns e a incautación de numeroso material sobre a organización do referendo.


relacionada España pide a Europa cambiar as euroordes de detención tras a fuxida de Puigdemont
relacionada O CIS revela que España segue preocupada polo paro pero pensa menos en Cataluña
relacionada O Supremo levanta a orde de detención internacional contra Puigdemont e os ex conselleiros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE