En Marea esixirá explicacións á Xunta polas “portas xiratorias” da sanidade galega

Os nomeamentos de Mosquera e Brandt nos seus novos cargos son cuestionados polo grupo parlamentario 


|

Hospitalsanidadmedicos 2

En Marea notificou que pedirá explicacións á Xunta polo que considera de novos casos de “portas xiratorias e desvíos de poder" na sanidade galega, referido ao nomeamento da ex conselleira de Sanidade Rocío Mosquera como directora de Galaria e da antiga directora xerente desta entidade, Mari Luís Brandt, como directora do hospital vigués Povisa.


O grupo parlamentario esixirá unha resposta do Executivo galego por estes dous novos nomeamentos que, en opinión de En Marea, incumpren varias normativas. No caso de Mosquera, vulnera a lexislación en materia de incompatibilidades ao poñerse á fronte de Galaria, a empresa pública encargada de xestionar a tecnoloxía sanitaria.


Pola súa banda, o caso de Brandt, En Marea cuestiona o paso da dirección de Galaria á dirección dun hospital privado que ten atención concertada co Servizo Galego de Saúde (Sergas).


relacionada SOS Sanidade Pública lanza a súa ofensiva contra a reforma da lei de saúde

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE