O prezo da vivenda en Galicia subiu un 1,7% no terceiro trimestre

No total de España, os prezos medios subiron un 6,7%, o maior aumento interanual desde 2007.


|

Contruccion


O prezo medio da vivenda en Galicia subiu un 1,7% no terceiro trimestre deste ano. Os datos, recollidos polo Índice de Prezos de Vivenda (IPV) o Instituto Nacional de Estatística, mostran unha variación trimestral do 1,6% na comunidade galega.


Segundo os datos do INE, a taxa anual do IPV neste terceiro trimestre sitúase un 0,7% máis que no trimestre anterior. Por tipo de vivenda, o prezo medio das vivendas de segunda man aumentou un 1,3% con respecto ás cifras do ano pasado, mentres que o prezo das vivendas de nova construción aumentou un 4% con respecto ás cifras do ano pasado, cunha variación trimestral foi do 1,8%.


No total de España, as cifras do prezo medio da vivenda libre subiron un 6,7% no terceiro trimestre, rexistrando o seu maior aumento interanual desde 2007 no mesmo período do ano. Con este incremento interanual, que supera en 1,1 puntos o experimentado no trimestre anterior, os prezos da vivenda libre acumulan catorce trimestres consecutivos de alzas interanuais.


No referido ao tipo de vivenda, o prezo medio das vivendas de segunda man aumentou un 6,7% interanual no terceiro trimestre, case un punto máis que no trimestre anterior e tamén a súa taxa máis alta do últimos dez anos. Pola súa banda, as vivendas novas experimentaron unha subida do 6,5% no mesmo período, máis de dous con respecto ao ano anterior.


Estremadura é a única comunidade autónoma onde non se rexistrou un aumento de prezos en relación á taxa interanual. En cambio, Madrid cun aumento do 12,3%, Barcelona cunha subida do 10% e as Illas Baleares cun incremento do 9,1% son as comunidades autónomas nas que se rexistrou a maior subida de prezos en canto ao valor interanual. Pola contra, en canto ao valor trimestral, tres comunidades sufriron baixadas no prezo da vivenda: Castela e León, A Rioxa e Castela-A Mancha, esta última coa maior caída dun 0,4%.

relacionada Os propietarios de edificios ruinosos deberán pagar un canon anual á Xunta
relacionada En Galicia non é boa idea comprar unha vivenda con vistas a alugala

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE