Somos servos da lei co fin de poder ser libres

Carmen P. Flores

Padresconstitucion


Logo cumprirá 40 anos, e parece que foi onte, cando millóns de españois ilusionados votaban a Constitución, a coñecida como a do 1978. Ano da súa aprobación.


A liberdade non sería posible sen a Constitución, porque é esta a que garante a liberdade dos cidadáns e protexe os seus dereitos. Ademais é a lei que en España garante o exercicio da liberdade, que establece, de maneira inequívoca, que unha parte da nación non pode decidir segregarse desta en contra do resto dos españois.


Agora, as xeracións que non coñeceron outro réxime que o democrático poñen en dúbida, non só o fondo, senon a forma na que se elaborou a Constitución, sen valorar o contexto, a época e as circunstancias que a rodeaban. Non se poden esquecer estes matices. Nin tampouco que a súa elaboración foi froito do consenso.


España acababa de saír de corenta anos de ditadura dun caudillo que traizoara o lexitimo goberno da Republica. A represión, a falta de liberdades e o illamento internacional estivera presente durante eses anos. Como pasar dun réxime franquista a unha democracia sen levantar receos en toda a estrutura que creara o ditador para manter o réxime con man dura? Non era tarefa fácil, pero pactouse unha transición liderada por un político que coñecía os resorte dese poder e só así se podía desmontar, desde dentro, sen derramamento de sangue. Sabíase o risco que se corría. Os autores foron moi valentes, sensatos e exentos de protagonismo partidistas, todo un exemplo que non se dá na actualidade.


A nosa Constitución foi inspirada na lei Fundamental de Bonn de 1949 e a Constitución francesa de 1978, dous referentes que máis influiría no constituínte español do 1978.


Algúns pensan que a Constitución está caduca, outros afirman que non a votaron e outros fan referencia á necesidade de actualizar algúns artigos para que se axusten mellor aos cambios sociais e as necesidades dos territorios. Nada debe ser inamovible, a Constitución tampouco. Hai que poñerse man á obra desde o poder lexislativo. O Congreso dos deputados, que representa a cidadanía, debe ser o lugar idóneo onde estas posibles modificacións poidan levarse a cabo porque España é unha democracia parlamentaria, aínda que a algúns se lle esqueza.


Agora, a situación cambiou, os partidos políticos tamén, as maioría parlamentarias están en vías de extinción, hai novas formacións no hemiciclo como distintas maneiras de facer política, algunhas delas moi singulares. Agora faise necesario levar a cabo cambios.


Todo iso non quere dicir, como adoita ocorrer neste país chamado España, que xa non sirva, non, porque aquí pasamos do negro ao branco cunha facilidade incrible.


A Constitución do 78 é un instrumento de garantías democráticas e non só hai que respectala, senón acatala, porque como dicía Cicerón hai máis de dous mil anos “somos servos da lei co fin de poder ser libres”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE