​Gas Natural tranquiliza os clientes da Mariña tras un fallo xudicial contra o gasoduto

A compañía sinala que durante a tramitación "coincidiu un cambio de normativa" e que agora pedirán unha nova autorización.


|

Gasoduto marinhaObras do gasoduto. Foto: Gas Natural Fenosa


Gas Natural vinculou a resolución do Tribunal Supremo que anula a autorización do gasoduto da Mariña Lucense con "un defecto de forma no procedemento administrativo" do proxecto, segundo sinala nun comunicado tras facerse público o fallo xudicial.


En concreto, sinala que durante a tramitación "coincidiu un cambio de normativa e agora o Tribunal Supremo anula a autorización porque entende que existe un defecto de forma nese procedemento".


Con todo, indica que a compañía vai pedir unha nova autorización administrativa ao Ministerio coa normativa vixente. "Mentres tanto non vai haber ningunha afectación nin á infraestruturas nin a clientes da compañía", engade.


ARGUMENTOS DO SUPREMO


No seu auto, a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo anula a resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 7 de marzo de 2013 pola que se outorgaba a Gas Natural Transporte SDG, S.L. autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a construción do gasoduto.


A Sala estimou o recurso de casación interposto polo Concello de Barreiros contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que confirmou a resolución administrativa agora anulada por este tribunal.


No seu fallo, estima o motivo en que o recorrente alega a infracción da disposición transitoria cuarta do Real Decreto-lei 13/2012, do 30 de marzo, que require para a aprobación de novos gasodutos a achega de compromisos dos potenciais consumidores e distribuidores.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE