O comercio galego cre que o 'Black Friday' lle pasa factura ás vendas do Nadal

O presidente da Federación Galega do Comercio asume que "a xente aproveita estas rebaixas para anticipar as compras".


|

Compras bolsas nadal


O presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, augura que o 'Black Friday' "vai restar entre un 10 e un 12 por cento" das vendas de Nadal no comercio galego.


Seijas interpreta que "isto é adiantar as compras, xa que antigamente empezábase a comprar a mediados de decembro e agora, a finais de novembro, a xente aproveita estas rebaixas para anticipar as compras".


En canto ás "cifras" de volume de negocio, en Nadal, dixo que "non se pode dicir exactamente as que van ser". "Tivemos o Venres Negro, o luns seguinte e están espalladas (as vendas)", explicou.


Outro aspecto que analizou, durante a presentación dunha campaña xunto coa Deputación e o Concello de Lugo para incentivar o comercio de proximidade, é o posible peche do centro comercial da Abella.


Na capital lucense hai tres grandes áreas, que o próximo ano poderíanse ver reducidas a dúas, e en virtude diso Seijas puntualizou que "Lugo ten uns límites". "Hai dous centros comerciais moi importantes, á parte de que ese centro comercial foi moi mal formulado desde un principio e onde non hai non podes sacar", resolveu.


En canto á campaña, concretou que a Deputación de Lugo achegará 10.000 euros, que se distribuirán en cheques agasallos de 300 e 200 euros para comprar no comercio tradicional da cidade amurallada.


relacionada O Corte Inglés culmina as ofertas do 'Black Friday' co seu 'Cyber Monday'
relacionada Galicia é das comunidades que menos gastará durante o 'Black Friday'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE