O CIS revela que España segue preocupada polo paro pero pensa menos en Cataluña

A taxa de paro ocupa o primeiro posto na enquisa do CIS, seguido da corrupción e a clase política. 


|

CIS


O Centro de Investigacións Sociolóxica (CIS) posicionou ao paro como a principal preocupación dos españois segundo os datos recollidos o pasado novembro. Con todo, o CIS tamén afirma que o paro xera cada vez menos preocupación entre os españois. Os problemas que se soben son a corrupción e a clase política en xeral, mentres que a preocupación o conflito catalán cae 4,4 puntos.


En só un mes a preocupación pola independencia pasou do segundo ao cuarto posto do ránking. En concreto, na sondaxe feita público este martes, o paro é mencionado no 65,1% dos cuestionarios, un punto menos que en outubro, mentres que as alusións á corrupción soben 3,2 puntos, ata o 31,5%.


Como terceiro problema repite a clase política en xeral (27%) mentres que en cuarto lugar figura a independencia de Cataluña. En outubro, tras o referendo, este asunto emerxera como segunda preocupación cun 29%, pero, un mes despois, xa co artigo 155 en vigor, Carles Puigdemont en Bélxica e a maioría do entón goberno catalán en prisión, baixou ao 24,6%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE