O "desprezo" de Fomento á conexión co corredor atlántico pásalle factura a Feijóo

O presidente defende que ten o "compromiso" de De la Serna para que o tren galego opte a fondos europeos.


|

Tren mercancias


Núñez Feijóo asegurou este martes que conta co "compromiso" do Ministerio de Fomento de "tentar conseguir" financiamento comunitario para o ferrocarril galego o ano próximo ata que poida ser incluído no corredor transeuropeo de mercadorías.


Trátase, como explicou o mandatario durante a sesión de control no Parlamento, de obter fondos para mellorar as infraestruturas que forman parte de "a rede básica" e, así, "gañar tempo" para a súa conexión co corredor atlántico, algo que non ocorrerá --como denunciaron PSdeG e En Marea-- polo menos ata 2027.


Esperar a esa data supón, para o portavoz da formación rupturista, Luís Villares, "un disparate", polo que implica de "perda de oportunidades" para a economía galega, algo co que concordou o responsable dos socialistas no Pazo do Hórreo, Xoaquín Fernández Leiceaga.


Tamén coincidiron en que a inclusión ou non de Galicia no corredor atlántico só depende da "vontade política" dos gobernantes, como proba, subliñou Leiceaga, o trato diferente que reciben as infraestruturas vascas e cántabras. Dito isto, lamentou o novo "desprezo" á Comunidade galega.


Leiceaga lembrou que o portavoz de mobilidade e transportes da UE, Carlo de Grandis, sinalou quela conexión de Galicia "debe partir do goberno español en primeira instancia, e mesmo da Xunta de Galicia".


Acusou así os gobernos central e galego de "non contar a verdade, non é certo que haxa un impedimento da UE á financiación das infraestruturas, depende da vontade de Rajoy e en parte da súa".


Máis aló diso, o maxistrado en excedencia retratou a Feijóo, "con 'f' de fracaso", como "un presidente manso" que "non é capaz de facerse valer" fronte ao seu partido a nivel estatal porque "non lle doe Galicia", mentres o economista noiés tendeulle a man para "reforzar a súa posición" e así suplir a súa falta de "fortaleza".


relacionada López Veiga: "Os portos galegos non poden quedar sen ferrocarril"
relacionada Galicia, Asturias e Castela e León reclaman a integración no Corredor Atlántico
relacionada CyL e Galicia alíanse para potenciar a conexión con Europa a través do Corredor do Noroeste

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE