A Unión Europea só atopa 17 paraísos fiscais no mundo

|

Parlamentoeuropeo



Os ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea adoptaron este martes unha lista negra de paraísos fiscais que está composta por 17 países, entre os que se atopan Panamá, Tunes, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos ou Mongolia, entre outras xurisdicións.


A lista non inclúe territorios de Estados membros do bloque comunitario coma Xibraltar nin outros lugares que consideran na súa lista "gris", entre os que se atopa Andorra.


Finalmente, a lista "negra" da UE de paraísos fiscais está composta por Samoa Americana, Bahréin, Barbados, Granada, Guam, Corea do Sur, Macao, Illas Marshall, Mongolia, Namibia, Palau, Panamá, Samoa, Santa Lucía, Trinidad y Tobago, Tunes e Emiratos Árabes Unidos.


Unha lista que queda moi pequena se se teñen en conta outras propostas coma a deste mesmo martes de Gestha -que engade 70 países máis- ou a de Oxfam Intermón.


E é que os técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) elaboraron a súa propia listaxe de paraísos fiscais, no que aparecen 130 territorios ' offshore' clasificados nunha lista negra de 30 países, e outra lista gris de 100 paraísos, segundo a capacidade dos devanditos territorios para favorecer a evasión ou a elusión fiscal. Ao seu xuízo, a lista do Ecofin terá uns efectos moi limitados na loita contra a evasión de impostos.



relacionada A Fiscalía non ve censurable que o xefe de Anticorrupción teña unha empresa nun paraíso fiscal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress