Comeza a campaña anual de abonados do Celta

|

Celta bufandas

O Celta premia a fidelidade. Foto: RC Celta.


O Celta pon en marcha a campaña de abonados anual 2018 coas mesmas novidades e vantaxes que na campaña de verán. Tal e como informa o club nun comunicado, os afeccionados celestes poderán renovar ou darse de alta con condicións especiais durante un prazo promocional ata o 31 de decembro.


Baixo o lema 'Embárcache', o Celta quere premiar de maneira especial a fidelidade. Así, aqueles abonados que asistan a máis dun 80 por cento dos partidos oficiais en Balaídos, Liga e Copa, gozarán dun dez por cento de desconto no abono da seguinte tempada.



O club informa que os prezos só suman o IPC, co que os prezos do abono van, no caso dos adultos, desde os 250 euros da bancada 1923 aos 693 da Tribuna Alta, que o Celta permite financiar en ata dez meses.


Todas as xestións poden realizarse a través da web embarcate.rccelta.es ou en Balaídos de luns a venres en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00.


relacionada O Celta rasca un punto no Camp Nou
relacionada Ambición e valentía: o 'partido perfecto' que esixe Andreu Fontàs

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress