A circulación de vehículos restrinxirase en varias rúas pola iluminación

Esta medida, anunciada polo concello, está motivada polo número de viandantes que acoden a ver a iluminación do Nadal.


|

Alumado Vigo


O Concello de Vigo anunciou que a partir deste luns produciranse corte de tráfico que afectarán a varias rúas do centro da cidade olívica. Isto débese á “inmensa afluencia" de vigueses e visitantes que acoden a contemplar a iluminación e os ornamentos do Nadal, segundo expresou o alcalde Abel Caballero.


Así o fixo saber o edil en rolda de prensa, explicando que o plan busca beneficiar a mobilidade peonil. Deste xeito, a activación do plan especial de tráfico prohibirá a circulación de vehículos particulares (si poderá circular o transporte público) desde a rúa Elduayen ata o cruzamento de Policarpo Sanz e cale Reconquista, e desde o cruzamento de Colón e Uruguai ata o cruzamento de Urzáiz con República Arxentina. Estas medidas aplicaranse de 18 a 22 horas os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos.



Ademais, Caballero asegurou que está a recibir un gran número felicitacións pola iluminación do Nadal. As felicitacións proceden de vigueses e de visitantes doutros lugares de Galicia "que o comparan co das súas cidades". "Nunca pasara nada similar. Cumprimos o obxectivo, hai unha afluencia enorme de xente que vén ver as mellores luces de ningunha cidade do planeta", proclamou.

relacionada Sen unha solución "definitiva", a auga deixará de ser potable este mes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE