​A Catalunya real

Manuel Fernando González Iglesias

Urna


Esa Catalunya é a que insiste, túzara e inquieta, en que as feridas do recente pasado aínda non se pecharon, e que, en consecuencia, os resultados electorais van ser moi parellos, porque aos votantes dos que se saltaron a Constitución, impórtalles un higo que os enganaran e que os seus "heroes" padezan prisión ou sexan acusados de malversación de caudais públicos.


Tampouco lles afecta que á Garda Civil lle tomasen o pelo os seus Xefes e os mossos, e que agora mesmo estean rompendo o lombo para demostrar que un grupo de presuntos delincuentes escondidos tras unha estelada se puxeron de acordo para xerar un golpe de estado, vendéndonos a todos unha ÍTACA inexistente, desde a que querían apropiarse do poder para o seu beneficio particular e de todos os seus amigos e parentes.


E aínda por riba esta desgraza, alén da rúa, circula ao mesmo tempo outra marabunta humana de rancor contra todo o que non é uniforme ou constitucionalmente correcto, coma se a verdade da xente pasase por un só tubo, que despersonalice e nos devolva ao pasado máis negro e superado.


E nesas estamos, ata que espertemos o día da Lotería e descubramos que a maioría dos premios gordos quedan, coma sempre, en Madrid, que é tamén o lugar ao que emigraron dúas mil das empresas catalás co rabo entre as pernas, en busca de supervivencia e da protección da Omertá centralizadora.


De momento, entramos en campaña electoral nunha Catalunya divida en dous, con poucas esperanzas para os que nunca quixemos o choque de trens que, ao final, esnaquizou o futuro dos nosos fillos, e que digan o que digan uns e outros, ninguén sabe como buscarlle arranxo.


Esa é, a día de hoxe, a auténtica e xenuína Catalunya real.


Artigo publicado anteriormente en Catalunyapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE