Afíns á Marea conseguen a metade dos contratos menores

|

Xulioferreiroatril


O goberno local da Coruña premia con adxudicacións a asinantes do manifesto da Marea, ou empresas das que son membros. Tal e como informa este luns La Voz de Galicia, desde 2016, o executivo de Xulio Ferreiro concedeulles ata 55 contratos por máis de 300.000 euros para "servizos de toda índole".


A maioría destas adxudicacións teñen que ver coa participación cidadá, pero tamén con actividades culturais ou relativas ao modelo de cidade.


Segundo o citado diario, ningún dos servizos supera os 20.000 euros, polo que se consideran contratos menores e o goberno local non ten que publicitalos. Con todo, o compromiso da Marea era o de "transparencia total" e permitir o acceso dos cidadáns a todos os contratos e resolucións.



A oposición criticou con dureza as adxudicacións. O PP chegou a publicar un folleto para denunciar os "enchufes" de "amigos da Marea", polo que o alcalde anunciou a súa intención de denunciar aos populares. E é que o goberno local argumenta que non "discrimina" a ninguén por asinar o manifesto.


relacionada ​Ferreiro estuda denunciar ao PP, que o acusa de adxudicar "a dedo"
relacionada Ferreiro nega as "facturas sen control" que denuncia o PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress