​O Campus Terra terá unha granxa experimental de leite o próximo curso

Dedicarase a "actividades de investigación e formación continua". A Deputación de Lugo e a USC colaboran no seu desenvolvemento.


|

Usc lugo granxaA instalación ocupará 30 hectáreas de superficie.


O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Viaño, subscribiron un convenio este luns para desenvolver unha "granxa experimental" de leite na Granxa Gayoso Castro, no municipio de Castro de Rei.


Segundo explicaron, prevese que comece a funcionar a partir do curso 2018-2019 no mesmo lugar onde se asentará o primeiro centro de recría público de Galicia.


Tras a rúbrica, o presidente provincial, Darío Campos, detallou que a Deputación de Lugo destinará máis duns 1,3 millóns e 700.000 que achegará a Universidade de Santiago.


A superficie da parcela da granxa será de 30 hectáreas, dos que 4.400 metros cadrados dedicaranse a "superficie urbanizada", que se distribúe con máis de 2.400 metros cadrados para "a nave de gando de leite", 1.050 metros para a fosa de xurro, 560 metros para "silos", 480 para a nave de maquinaria e 387 metros cadrados para o "edificio de prácticas", que poderán utilizar alumnos de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior.


Campos sinalou que esta actuación inscríbese dentro do "compromiso" do goberno provincial co "rural", e coa vista posta en fortalecer a Facultade de Veterinaria para que siga "sendo un referente en Europa".


Pola súa banda o reitor da USC, Juan Viaño, agradeceu a "colaboración" da Deputación, á vez que precisou que se está aínda no proceso de licitación, aínda que confía que para mediados de 2018 estea concluída a infraestrutura para que se incorpore ao próximo curso 2018-2019.


Así mesmo, dixo que se abundará en "actividades de investigación e formación continua", ademais de incidir en que supón unha aposta "pola innovación e o coñecemento". Isto, ao seu xuízo, "reforzará o Campus Terra".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE