Detido un home tras causar estragos nun colexio de Cedeira

|


Aula


Tras causar diversos desfeitas no colexio Nicolás do Río de Cedeira, na Coruña, foi detido un home que se atopaba baixo os efectos do alcol e as drogas.


O home entrou por unha xanela sobre as 6,00 horas da madrugada do sábado no recinto educativo e rompeu diversos obxectos, como extintores ou cristais, ata que foi detido pola Policía Local ás 9,00 horas. Tras o seu arresto, os efectivos da Policía Local trasladárono ás dependencias da Garda Civil, que asumiu as dilixencias e púxoo a disposición xudicial.


O detido pediu desculpas e mostrou arrepentimento ante as desfeitas causadas unha vez quedou liberado dos efectos da droga e o acohol.

relacionada Orde de afastamento a dúas mulleres de Mondoñedo tras maltratar ao seu sobriño
relacionada Viaxe reivindicativa en tren para recuperar liñas esquecidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress