'Amigos da Terra' levará a cabo actuacións de rexeneración de montes queimados en Ourense

Consistirá na dispersión de palla en zonas sen cobertura vexetal e a construción de barreiras a partir de restos vexetais


|


Incendios


Varios activistas de Amigos da Terra poñerán en práctica este domingo novas actuacións de rexeneración de montes queimados no municipio de Melón (Ourense), afectados polos incendios forestais.


As accións están destinadas a reter o chan fronte á erosión que poidan sufrir debido ás posibles choivas dos próximos meses, e consisten na dispersión de palla nas zonas que quedaron sen cobertura vexetal, xunto coa construción de barreiras a partir de restos vexetais en franxas perpendiculares á pendente en zonas próximas a ríos.


Con esta actividade, que se desenvolverá nos montes de Tourón, Amigos da Terra pretende ademais de contribuír a reducir os efectos dos lumes forestais, promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os "profundos cambios" na política forestal, para así reverter o problema incendiario.


Este tipo de actuacións, que empezaron o pasado domingo con actuacións en sete hectáreas, conta cun continxente de uns 30 participantes procedentes das catro provincias galegas, aínda que a maioría son de Ourense.


relacionada A Fiscalía presentará "en breve" un estudo "ambicioso" sobre a vaga de incendios
relacionada A comisión sobre os incendios arrincará inmediatamente despois do Nadal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE