Convócase unha marcha en defensa da área sanitaria do Salnés

|


Hospital


A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública do Salnés --entidade que agrupa a partidos políticos, sindicatos e colectivos de traballadores sanitarios-- convocou para este domingo unha marcha en contra da supresión da área sanitaria da comarca. Esíxese, en definitiva, a retirada do proxecto de reforma da a Lei Galega de Saúde do ano 2008 que contempla o seu desmantelamento.


Os participantes partirán ás 11,30 horas desde o ambulatorio de San Roque para percorrer a pé catro quilómetros ata o Hospital do Salnés. Unha vez alí concentraranse ás portas do centro hospitalario co fin de reclamar a protección da área sanitaria.


Boa parte do percorrido da marcha discorre pola estrada N-640, polo que os organizadores previron un dispositivo de seguridade formado por cen persoas que se encargarán en todo momento de avisar e desviar aos condutores durante o traxecto.


Os responsables da plataforma animan a aquelas persoas que non sentan en condicións físicas como para realizar o percorrido a pé a que acudan á concentración que terá lugar ás portas do hospital ao finalizar a marcha, ao redor das 12,30 horas. Os organizadores dispuxeron un servizo de autobuses de retorno para que os participantes na marcha non teñan que regresar a pé a Vilagarcía.

relacionada O illamento de pacientes contaxiosos no CHUS ignora as recomendacións internacionais
relacionada O sistema para pedir cita médica esquécese de anciáns e persoas con discapacidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress