As renovables poden reducir un 40% os gastos das explotacións agrarias

A directiva europea sobre enerxías renovables prohibirá a partir de 2020 impostos ao autoconsumo como o coñecido "imposto ao sol".


|

Autoconsumo electricoFin ao "imposto ao sol" en 2020.


A substitución da enerxía eléctrica convencional por renovables podería supoñer unha redución do 40 por cento nos gastos das explotacións agrogandeiras. Esta é unha das conclusións que avanzaron os creadores dun estudo sobre a implantación de renovables no rural, que, ademais, tamén poderían supoñer un "complemento" da actividade agraria.


Este sábado tivo lugar en Santiago unha rolda de prensa organizada polo sindicato Unións Agrarias que, en colaboración coa Universidade da Coruña, está a desenvolver un proxecto para a implantación deste tipo de enerxías nas explotacións agrogandeiras.


Na comparecencia tamén estivo presente o eurodeputado socialista e ex ministro de Fomento José Blanco. O lucense é o relator do Parlamento europeo na revisión da Directiva de Enerxías Renovables para o período 2020-2030, que será sometida a votación en Bruxelas o próximo mes de xaneiro.


Blanco destacou que a proposta, "amplamente apoiada" pola Comisión de Industria da Cámara comunitaria, é "ambiciosa", xa que busca un aumento do consumo de renovables dun 35 por cento e fixa como obxectivo lograr que represente o 15 por cento da consumición total europea a finais da próxima década.


Entre os elementos novos que introducirá a normativa atópase a regulación do dereito ao autoconsumo, polo que os cidadáns poderán producir enerxía "sen pagar peaxe" --o que se coñece en España como "imposto ao sol"--.


"NOVO HORIZONTE"


En palabras do responsable de desenvolvemento rural de UUAA, Jacobo Feijóo, a nova directiva europea "abre un novo horizonte" que permitirá a "descarbonización" das explotacións, que poderían substituír a eléctrica polas enerxías renovables, cuxa produción tamén é posible que se inclúa na Política Agraria Común (PAC).


E é que, segundo o estudo desenvolvido pola UDC, o uso deste tipo de enerxías supoñería unha redución do 14 por cento das emisións de CO2 que produce o sector agrario, así como un descenso do 40 por cento no gasto enerxético das explotacións.


relacionada O Parlamento Europeo pretende fixar un obxectivo de 35% de renovables en 2030
relacionada España retrocedeu máis dun 3% no consumo de enerxías renovables en 2015

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE