O illamento de pacientes contaxiosos no CHUS ignora as recomendacións internacionais

Os medios de illamento empregados en Urxencias limítanse a cortinas de plástico para rodear a cama.


|

Illamento chusCortina co cartel de "illamento respiratorio". Foto: Pacientes CHUS


A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve denunciar outra situación de falta de recursos que afecta á asistencia sanitaria dos pacientes. Nesta ocasión, a reclamación é sobre as carencias no illamento en Urxencias de pacientes con risco de transmitir infeccións.


E é que a asociación foi testemuña, tal e como denuncia nun comunicado, de que os medios de illamento se limitan a rodear a cama con cortinas de plástico e a colocar unha advertencia ("irónica", segundo a asociación") de "illamento respiratorio".


Illamento chus

No seu escrito informan de que as medidas recomendadas internacionalmente nos servizos de urxencias establecen que o paciente debe permanecer "nun cuarto individual, ben ventilado" cara ao exterior. Ademais, subliñan a necesidade dunha "porta pechada" e "lavabo dentro do cuarto", así como máscaras cirúrxicas "para evitar a diseminación de xermes" e panos para que o paciente cubra a boca ao tusir.


Pois ben, a asociación destaca que ningunha destas recomendacións se cumpre, e os pacientes vense "obrigados a padecer condicións inaceptables en nome dunha prevención inexistente que ten na cortina a única medida de protección".


Advirten, deste xeito, do risco de contaxio a outros pacientes e profesionais. E aseguran ter constancia de que "este mesmo nivel de protección emprégase na unidade de medicina interna".


relacionada Médicos do Clínico aseguran que houbo atrasos en tratamentos de hepatite C a pacientes graves
relacionada O sistema para pedir cita médica esquécese de anciáns e persoas con discapacidade
relacionada As organizacións de pacientes poderán participar en reunións con Sanidade e as comunidades

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE