Rajoy pide "pechar feridas" mentres Puigdemont chama a unha "segunda volta" do referendo

|

Rajoy catalunhaRajoy envórcase na campaña catalá. Foto: @marianorajoy


O presidente do Goberno enxalza a aplicación do artigo 155 porque "as cousas están mellor en Cataluña" desde que se impulsou, hai pouco máis dun mes. Díxoo nun acto de campaña en Mataró co líder do PP catalán e candidato para o 21-D, Xavier García Albiol.


"A solución á deriva independentista empezou coa activación do 155", dixo Rajoy, para engadir que os comicios do 21 de decembro "deben abrir un novo futuro, porque o conto da independencia xa non dá máis de si, ninguén o apoia en ningures".


"Son eleccións para pechar feridas e empezar a reconstruír todo o que se rompeu en cinco anos", proclamou.


"O ESPÍRITO DO 1-O"


Mentres, Puigdemont, candidato de JuntsxCat a presidir a Generalitat, pediu encarar as eleccións catalás como "verdadeiramente a segunda volta do 1-O", e defendeu unha Cataluña independente que decida as políticas do seu propio futuro.


O presidente do Govern cesado díxoo desde Bélxica durante unha videoconferencia en directo emitida no acto de presentación da súa candidatura. Ante as eleccións, dixo que en cada punto de votación do referendo "existe o espírito do 1-O", que demostra que os futuros dos pobos demócratas decídense nas urnas, polo que defendeu encarar o 21-D como a segunda volta do 1-O.


relacionada ​Podemos anuncia un recurso ante o TC contra a aplicación do artigo 155 en Cataluña
relacionada A consigna de Puigdemont aos ex consellers: "Facede o que faga falta para saír"
relacionada A Fiscalía belga apoia extraditar a Puigdemont, ao que lle esperan "comodidades" no cárcere

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress