José Blanco reitera que a súa "responsabilidade política" co AVE galego foi "blindalo"

|

Jose branco


O eurodeputado socialista José Blanco reiterou a súa disposición para comparecer na comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois que. "É a miña obrigación se así mo requiren", afirmou este sábado o que foi ministro de Fomento entre 2009 e 2011 a preguntas dos medios durante un acto organizado na capital galega polo sindicato Unións Agrarias.


Así, o político lucense indicou que a súa "única responsabilidade política" en relación á alta velocidade ferroviaria de Galicia "é garantir os recursos orzamentarios" para "blindar" a súa chegada á comunidade.


"Eu estou disposto, por suposto, a comparecer. Non soamente a iso, creo que unha vez que se constitúa a comisión de investigación débense clarificar algunhas cousas, algunhas sospeitas que se están alimentando que non teñen fundamento", incidiu Branco.


O Congreso dos Deputados aprobou o pasado 28 de setembro a creación dunha comisión de investigación sobre as causas do accidente ferroviario de Angrois de 2013 cos votos favorables de PSOE, Unidos Podemos e Ciudadanos. Só PP, UPN e Foro votaron en contra.


relacionada As vítimas do Alvia queren que a comisión funcione coma un interrogatorio xudicial
relacionada A freada de 200 a 80 quilómetros por hora antes de Angrois "considerábase normal"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress