Ponte Caldelas se posicióna en contra do transvasamento do río Verdugo ao encoro de Eiras

|


PlenoPonteCaldelas

Pleno no Concello de Ponte Caldelas.


O Concello de Ponte Caldelas ha rexeitado no seu pleno “calquera tipo e transvasamento” desde o río Verdugo ao encoro de Eiras. No pleno aprobouse por unanimidade a o moción que rexeita á súa vez “calquera tipo de obra” no leito do río ou no termo municipal.


A moción se opón tamén a "calquera tipo de autorización a un bombeo provisionao", algo que se contemplaba o acordo inicial da xunta de goberno local do pasado venres. "Ponte Caldelas entende que non se pode falar de bombeos provisionais cando se barallan obras cun custo que está ao redor dos cinco millóns de euros", subliñou o Consistorio nun comunicado. Un custo que, doutra banda, sería sufragado na súa totalidade polo Concello de Vigo, aínda que se contempla o financiamento parcial da Xunta.


Ademais, o goberno de Ponte Caldelas critica a "carencia" dun estudo de impacto ambiental das obras, algo que xa denunciou esa semana o grupo municipal Marea de Vigo. Á súa vez, criticou a actitude de Augas de Galicia, órgano da Xunta con competencias na materia, xa que segundo informa o Consitorio caldelense "non se dirixiu en ningún momento ao Concello de Ponte Caldelas para ofrecer información algunha". Así, o alcalde, Andrés Díaz, cualificouno dun "acto de deslealdade institucional sen precedentes".


Doutra banda, o pleno aprobou apoiar a manifestación convocada polo Goberno local para este domingo, a partir das 12:00 horas na Alameda, que levará por lema 'Non ó espolio do Verdugo. Transvasamento non, Natureza se'. Á mobilización asistirán os grupos municipais do PSdeG, BNG e a Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas (AVP), ademais doutros colectivos sociais. O PP, aínda que apoiou a moción, non participará na manifestación. A decisión de rexeitar o transvasamento foi notificada polo concello aos municipios que se abastecen do encoro de Eiras, afectado pola seca.


Noutra orde de cousas, o concello pontecaldelense aprobou coa negativa do PP unha moción de protesta á Xunta, "especialmente a Presidencia e á Consellería do Medio Rural", polo "abandono" sufrido o pasado 15 de outubro pola vaga de incendios.En concreto, o texto incide na "necesidade de implicar" as políticas forestais coas urbanísticas e de acabar co "bloqueo sistemático da Xunta dos plans xerais de urbanismo nos municipios nos que non goberna o PP". "Só con núcleos rurais actualizados a protección pode ser efectiva", conclúe.

relacionada Caballero considera "complexa" a posibilidade de traer ata tres barcos con auga desde Bordeus
relacionada O transvasamento do río Verdugo á presa de Eiras, pendente da avaliación ambiental
relacionada O encoro de Eiras nutrirase do río Verdugo grazas a un transvasamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress