A consigna de Puigdemont aos ex consellers: "Facede o que faga falta para saír"

|

Puigdemont consellers palau


Puigdemont pediulles este venres pola mañá aos ex consellers en prisión preventiva que fagan "o que faga falta para saír" do cárcere, unha petición que estendeu aos líderes de Òmnium, Jordi Cuixart, e a ANC, Jordi Sànchez.


"Querémosvos na casa. Tedes que saír do cárcere porque non deberiades entrar nunca", publicou nunha mensaxe de Twitter o mesmo día que o ex vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras e outros sete ex consellers cesados comparecen ante o Tribunal Supremo coa esperanza de que o xuíz modifique a súa actual situación procesual, ditada pola Audiencia Nacional.


"Temos moito traballo e necesitámosvos para plantarlle cara ao tripartito do 155. Desexo reencontrarme convosco ben pronto!", engadiu no seu tuit Puigdemont, que se atopa en Bélxica xunto con Toni Comín, Clara Ponsatí, Lluís Puig e Meritxell Serret.


PRISIÓN ATA O LUNS


O maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena rematou esta mañá de tomar declaración aos oito ex membros do goberno catalán e 'os Jordis'. Todos eles ratificaron nas manifestacións que xa adiantaron nos escritos que remitiron ao alto tribunal para solicitar as comparecencias, no sentido de afirmar que acataban a aplicación do artigo 155 que motivou o seu cesamento e de negar o risco de reiteración do delito.


Fontes do alto tribunal explicaron que o maxistrado non se pronunciará ata o vindeiro luns sobre se modifica ou non a medida de prisión.



Amplía esta noticia en Catalunyapress.


relacionada A Fiscalía belga apoia extraditar a Puigdemont, ao que lle esperan "comodidades" no cárcere
relacionada ​Podemos anuncia un recurso ante o TC contra a aplicación do artigo 155 en Cataluña
relacionada Santamaría explicará no Senado a aplicación do 155 en plena campaña electoral catalá

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress