O busto de Fraga roubado en Vilalba sae á venda en Wallapop

"Véndese por pouco uso" ou cámbiase "por outro busto interesante", reza o anuncio.


|

Busto fraga pinturaO busto foi vítima de varios ataques.

"Véndese por pouco uso" ou cámbiase "por outro busto interesante", reza un anuncio aparecido na aplicación móbil de compravenda Wallapop que di vender o busto de Fraga desaparecido do seu pedestal en Vilalba na madrugada do día 15 deste mes.


O busto, de bronce, colocado na vila natal do ex presidente autonómico, xa foi vítima doutros roubos e ataques con pintura nos últimos anos. Nesta ocasión, con todo, o alcalde vilalbés expresou hai case dúas semanas a súa impresión de que "esta vez non aparece" e adiantou a intención de aproveitar o molde de hai 40 anos para facer unha réplica.


Busto fraga wallapop interior

Capturas do anuncio publicado.

En canto ao anuncio, xa non aparece en Wallapop, pero tampouco serviría de moito aos axentes que investiguen o roubo.


relacionada Vilalba conserva 40 anos despois o molde co que se fixo o busto de Fraga roubado
relacionada Rouban de madrugada o busto de Fraga instalado en Vilalba que adoita sufrir ataques

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE