Detido un home por agredir a un enfermeiro do CHUO que trataba de atendelo

O detido, “debido ao seu estado axitado”, rabuñou e golpeou ao profesional sanitario. 


|

Chuo 1


A Policía Nacional ha detido a un home como presunto autor dun delito de atentado á autoridade por agredir a un sanitario cando era atendido no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Os feitos ocorreron durante a mañá do martes 28 de novembro cando o home, "debido ao seu estado axitado", foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao servizo de urxencias do CHUO e xa no centro sanitario empezou "a golpear e rabuñar en cara e brazos ao enfermeiro" que o tentaba atender.


A agresión motivou a intervención do servizo de seguridade, que tivo que requirir a axuda do 091 para poder reducir e proceder ao seu sedación e inmovilización debido ao seu estado. O Grupo de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense, despois de que o presunto autor dos feitos fose valorado e dado de alta, sobre as 17:00 horas do martes, procedeu á súa detención por un delito de atentado á autoridade e foi trasladado a dependencias policiais para continuar coas dilixencias oportunas.


O detido é un home de 29 anos de idade, natural de Granada, ao que lle constan 18 arrestos anteriores. Quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial na mañá deste mércores. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE