As primeiras neves da tempada chegan a Lugo xunto cos termómetros en negativo

Onte anunciouse o despregamento 12 quitaneves e 3.500 toneladas en Pedrafita do Cebreiro. 


|

MaquinaQuitanieves




O inverno parece instalarse definitivamente en Galicia. Esta semana o frío chegou acompañado das primeiras neves en Galicia. Concretamente, as montañas de Lugo rexistraron os primeiros flocos que anuncian que pronto unha capa branca cubrirá por completo as zonas de Serra do Xistral e Os Ancares.


Coa caída dos primeiros flocos anunciouse no día de onte a campaña de vialidad invernal en Pedrafita do Cebreiro (Ourense) polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva. A campaña despregará no porto de montaña 12 camións quitaneves, dous deles aptos para o tratamento con salmoira, e 3.500 toneladas de sal en almacén e outros cinco en silos, que estarán distribuídos polo percorrido, con capacidade para un centenar de toneladas cada un, entre outros medios. Doutra banda, xestionaranse un total de seis plantas de salmoira, que inclúen depósitos que poderán acoller unha capacidade de 752.000 litros.


Todos estes recursos enmárcanse no dispositivo especial para a campaña de vialidad invernal, que conta cun total de 91 quitaneves, case 20.000 toneladas de sal amoreadas e unha capacidade de 3.000.000 litros en depósitos de salmoira. En canto ás precipitacións, espéranse choivas en forma de chuvascos na metade norte de Galicia ata o sábado polo vento de compoñente norte. Deste xeito, prevese recuperar a influencia do anticiclón cara ao domingo en toda a Comunidade galega.


Meteogalicia advertiu que está previsto para este mércores que en Lugo caian chuvascos momentáneos en forma de neve, aínda que non esperan que sexan “en grandes cantidades”, xa que a borrasca afectará sobre todo á cordilleira cantábrica debido á presenza dunha masa de aire ártico.

MOITO FRÍO

A pesar desa masa de aire, na madrugada e mañá deste mércores as temperaturas mínimas non foron "tan frías" como o martes, cando se alcanzaron case oito graos baixo cero en Calvos de Randín (Ourense), municipio no que este mércores a mínima situouse en 0,6 graos. Con todo, Verín amenceu a -5,2 ºC e as lucenses Vilalba e Guitiriz, con -1,9 e -1,4 ºC respectivamente.


As temperaturas de costa mantiveron temperaturas baixas que van entres os 5 e os 8 ºC, mentres que as temperaturas mínimas no interior das catro provincias van entre os 0 graos e os 5 ºC. Nos próximos días se se espera unha baixada importante das temperaturas mínimas en toda a comunidade mentres que as máximas manteranse inalteradas. 

relacionada ​A choiva regresa a Galicia acompañada de alertas por vento en terra e por ondas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE