Santander coloca a ministra de Aznar Isabel Tocino á fronte do que queda do Banco Pastor
Levaba dez anos como conselleira independente do Santander.
En xuño, o Popular tivo que ser rescatado.
O consello de administración de Santander, reunido este martes en Brasil, decidiu modificar a súa composición para dar saída a Isabel Tocino, que se converterá en presidenta de Pastor.
A ex ministra de Medio Ambiente durante a primeira lexislatura de José María Aznar (1996-2000) será, unha vez obtidas as autorizacións regulatorias correspondentes, vicepresidenta do consello de Santander España e presidenta de Banco Pastor, entidade que forma parte do grupo desde que en xuño se obsorbese Popular tras a súa resolución. Tocino foi conselleira externa independente de Santander desde 2007.
"Estou segura de que a forza e dedicación de Isabel van ser esenciais no conxunto de Santander España e moi especialmente na súa nova responsabilidade como presidenta do Banco Pastor, que conta cunha gran implantación en Galicia", apuntou a presidenta do grupo, Ana Botín.
Escribe o teu comentario