O detido polo incendio dos Blancos, en liberdade tras 40 días

|

Carcelceldaprision


Miguel Ángel M.N., detido por un incendio dunha hectárea producido o 15 de outubro por unha imprudencia nunha parcela familiar dos Blancos, aboou na mañá deste martes unha fianza de 2.500 euros e sairá de prisión ao longo do día, segundo informan a Europa Press fontes xurídicas.


A Audiencia Provincial de Ourense emitiu un auto tras un recurso presentado pola defensa de Miguel, despois de que o xulgado de Xinzo que leva o seu caso decretase prisión cautelar sen fianza, no que fixa o depósito desta cantidade para poder saír de prisión ao non apreciar risco de reiteración de delito nin de fuga, mentres que tampouco observa prexuízo para o avance da investigación, sinalan as mesmas fontes.


Deste xeito, Miguel cumpre máis de 40 días no cárcere tras ser detido en Vigo ás 8,30 horas do 18 de outubro por un lume dunha hectárea nunha parcela familiar dos Blancos, no marco dunha vaga de incendios da fin de semana do 14 e 15 de outubro que arrasou con 49.000 hectáreas.


Este veciño de Vigo de 55 anos pasou a disposición xudicial o 19 de outubro e desde entón atópase na prisión ourensá de Pereiro de Aguiar. No día da súa comparecencia díxolles aos xornalistas que estaba na parcela asando uns "chourizos".


Foi un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) e recibiu o apoio de máis dunha vintena de asociacións ecoloxistas galegas nas últimas semanas, xa que o ven como un "chibo expiatorio" da vaga de lumes, á vez que resaltan a súa traxectoria de compromiso social e ambiental.


relacionada Feijóo di que hai "algunha cousa máis" para que o incendiario dos Blancos estea en prisión
relacionada Outra vez volveron iniciarse incendios forestais xusto antes dun temporal de vento
relacionada "A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress