Un enfrontamento entre Arribas e Andone suspende o adestramento do Dépor

Cristóbal manda a todos os seus xogadores ao vestiario tras o incidente. Adrián trata de quitarlle importancia.


|

AndoneentrenoAndone, no adestramento. Foto: RC Deportivo

O adestramento do Dépor deste luns rematou antes do previsto debido a unha pequena liorta protagonizada por Arribas e Andone, cando estaban a disputar un partidiño.


Varios compañeiros víronse obrigados a separar aos dous implicados no encontrón. Cristóbal resolveu o enfrontamento dando por rematada a sesión e enviando a todos os seus xogadores ao vestiario antes de tempo.


Nin Arribas nin Andone están a gozar dun oco habitual na formulación do novo técnico branquiazul. O dianteiro manifestou hai pouco o seu descontento nunha entrevista co diario As.


Pouco despois, Adrián compareceu ante a prensa e tratou de quitarlle importancia ao encontrón. "Sería un calentón", manifestou o dianteiro, que dixo que el estaba co fisio e non sabía "exactamente" o que pasara. Con todo, contou que "dentro do vestiario estaba todo o mundo tranquilo".


Desde o club non avanzan ningunha medida disciplinaria antes de coñecer a decisión de Cristóbal de incluílos ou non na convocatoria para o partido de Copa do mércores nas Palmas.


relacionada Rubén Martínez recibe a alta e quítalle ferro aos erros na portería
relacionada Lucas Pérez: "Andone é un gran dianteiro e ímolo necesitar"
relacionada Andone: "Vou seguir fallando pero nunca me vou agochar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE