O Corte Inglés culmina as ofertas do 'Black Friday' co seu 'Cyber Monday'

A compañía ofrece hoxe mesmo máis de 60.000 ofertas online en todos os seus departamentos


|


Corteingles


O Corte Inglés celebra este luns, como colofón da marea de ofertas e rebaixas que deixou o 'Black Friday' este fin de semana, o chamado 'Cyber Monday' con máis de 60.000 ofertas online en todos os seus departamentos, segundo informou a propia compañía.


O 'Cyber Monday' do Corte Inglés chega con forza na súa quinta edición desde as 22.00 de onte e durante todo o día de hoxe, reforzando a súa posición no comercio europeo dixital e tras incrementar as súas vendas nun 70% con respecto ao 'Black Friday' do ano pasado.


Algunhas das ofertas e descontos


En concreto, as marcas de moda, fogar, lenzaría ou equipaxe presentan descontos de ata o 60%, onde os clientes poden atopar desde bolsos, abrigos ou xerseis, ata decoración e maletas.


En deportes, os descontos son de ata un 50% en roupa e zapatillas deportivas de marcas como Nike, Adidas ou Converse, mentres que a tecnoloxía ofrece promocións en teléfonos móbiles e computadores, un 40% de desconto nunha selección de electrodomésticos e televisores.


Doutra banda,  os pedidos superiores a 50 euros non suporán gastos de envío, e os clientes terán a oportunidade de cambiar ou devolver en tenda calquera produto sen custo algún ata o mes de xaneiro. Ademais, poderán realizar todas as súas compras de Nadal nun só pedido e solicitar, gratuitamente, empaquetado para agasallo.

relacionada 'Giving Tuesday', un oasis de solidariedade en pleno inicio das compras do Nadal
relacionada Galicia é das comunidades que menos gastará durante o 'Black Friday'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE