Falece por unha infección pulmonar o fiscal superior de Cataluña

|

Romerotejada


O fiscal superior de Cataluña, José María Romero de Tejada, morreu aos 69 anos, segundo informou nun tuit o ministro de Xustiza, Rafael Catalá.


O falecemento produciuse de madrugada na Clínica do Pilar de Barcelona por unha infección pulmonar, explicaron a Europa Press fontes coñecedoras.


O fiscal xefe ocupou o posto despois de ser tenente fiscal do Tribunal Superior de Justícia de Cataluña (TSJC) en 2013, nomeado pola Fiscalía Xeral do Estado. Recentemente, o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, faleceu durante unha viaxe a Arxentina por unha infección, cando estaba no centro da palestra pola cuestión catalá e as acusacións vertidas desde a institución que dirixía a pesar de estar reprobado.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada O Goberno propón o maxistrado do Supremo Julián Sánchez Melgar como fiscal do Estado
relacionada Falece o fiscal xeral do Estado José Manuel Maza aos 66 anos por unha infección renal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress