Máis de 1,4 millóns de toneladas pasaron polos portos de Galicia este 2017

As cifras revelan un aumento de máis do 1% con respecto ao ano anterior.


|


Puertomercanciascontenedoresestiba


Os portos de titularidade autonómica rexistraron un movemento de 1,4 millóns de toneladas de mercadorías nos 10 primeiros meses de 2017, o que supón un incremento de 14.500 toneladas en termos netos e de máis do 1% en termos porcentuais respecto ao ano anterior.


Así se recolle no último informe de xestión elaborado por Portos de Galicia con peche en outubro, que indica que as dársenas con maior volume de tráfico de mercadorías foron, respectivamente, Cariño, con 439.000 toneladas; Ribadeo, con 411.000; e Cee, con 309.000 toneladas. Neste punto, Portos de Galicia fixo unha mención especial ao caso de Ribadeo, que rexistrou nos 10 primeiros meses do ano unha subida de case o 7% con respecto ao ano anterior.


Respecto da descarga de pesca fresca, nos portos dependentes da Xunta, descargáronse ata o 30 de outubro 102.000 toneladas de peixe. Esta cifra supuxo un importe total de venda en lonxa de máis de 240 millóns, un 6% máis que no mesmo período de 2016. Ademais, as dársenas con maior volume de descarga de pesca fresca foron Ribeira, con 32.000 toneladas; Burela, con 19.000; e Celeiro, con 14.000 toneladas.

relacionada López Veiga: "Os portos galegos non poden quedar sen ferrocarril"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE