A USC desenvolve un método para medir o impacto da degradación forestal

|

ForestaldegradacioncarbonoA degradación forestal é máis difícil de medir que a deforestación.


O doutor enxeñeiro de Montes formado na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo César Pérez Cruzado, o único investigador da USC contratado cunha bolsa do programa Marie Curie no Campus Terra da USC, está a traballar xunto con outros investigadores da Unidade de Xestión Forestal Sustentable (UXFS) no desenvolvemento dunha nova metodoloxía para cuantificar as emisións de carbono debidas á degradación dos bosques.


A redución da deforestación e a degradación forestal son as dúas actividades contempladas polos acordos internacionais para compensar emisións de carbono no marco do programa REDD+ nas Nacións Unidas, pero, segundo Pérez Cruzado, estes mecanismos céntranse case exclusivamente nas actividades de deforestación, debido á complexidade da determinación do grao de degradación dun bosque.


A perda da capacidade dos bosques para xerar bens e servizos é o que se coñece como degradación forestal, un concepto complexo que vai máis aló dos procesos de deforestación, xa que o seu efecto non pode monitorarse mediante o cambio na dimensión das superficies forestais. A estimación certeira do grao de degradación forestal dun bosque achega información sobre o carbono emitido á atmosfera, sinala Pérez Cruzado.


O investigador precisa que a nova proposta de medición baséase en dous modelos, un no que se determina o nivel de produtividade dun bosque a partir das características actuais do mesmo, para, nunha segunda fase, estimar o stock máximo de carbono en condicións de non degradación e comparalo co stock existente na actualidade.


Reducir as emisións de carbono asociadas á deforestación e á degradación forestal é "moi importante para combater o cambio climático e limitar o quecemento global", apunta este investigador.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress