Os bombeiros provinciais denuncian as represalias da concesionaria

O comité de empresa do consorcio de Pontevedra di que "non se amedrentará" ante as "presións".


|

Bomberoscamiones


O comité de empresa do consorcio de bombeiros da provincia de Pontevedra asegurou que "non se amedrentará" antes as "presións" da empresa concesionaria, Matinsa, á que acusa de non prestar un servizo "de calidade" e de abrir expedientes aos traballadores "por realizar o seu labor sindical".


O pasado venres, representes dos parques de Ribadumia, Vilagarcía, O Morrazo e Baixo Miño acudiron aos xulgados en apoio a un "compañeiro representante sindical" que tiña pendente un xuízo contra a empresa que, finalmente, non chegou a celebrarse a petición de Matinsa, que considera que "debe resolverse un conflito colectivo previo no TSXG".


Nun comunicado emitido este sábado, o comité de empresa carga contra a concesionaria polo "incumprimento de pregos" e por non substituír de maneira "adecuada" as baixas do persoal, o que provoca "unhas graves deficiencias" na prestación do servizo.


"Todas estas denuncias públicas, ante o consorcio e ante inspección de traballo, parecen molestar á firma madrileña, pois Matinsa comezou a expedientar a representantes sindicais por diversos motivos", denuncia no comunicado.


Así, asegura que se abriu un expediente a un dos representantes dos traballadores "por faltas supostamente moi graves con ameaza de despedimento".


Con todo, o comité de empresa remarca que "non se amedrentará" ante estas "presións" e continuará traballando "polo ben dos cidadáns e dos excelentes profesionais que forman o colectivo de bombeiros do consorcio".


relacionada Bombeiros comarcais de Pontevedra inician este martes unha folga indefinida
relacionada O mapa de emerxencias de Galicia, "ineficaz" para mobilizar recursos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE