A Biblioteca Nacional Española cederá 30.000 exemplares á Cidade da Cultura
Proceden de terceiros exemplares de cada primeira edición depositada desde 1958 ata 2011, moitos deles descatalogados.
A Biblioteca de Galicia recibirá preto de 30.000 exemplares por parte da Biblioteca Nacional Española para completar e enriquecer os seus fondos e "o patrimonio bibliográfico galego".
Trátase dunha iniciativa do Real Padroado da institución, que celebrou a súa primeira reunión en Madrid, presidida polos Reis de España, e á que acudiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Estes exemplares proceden de terceiros exemplares de cada primeira edición depositada na Biblioteca Nacional desde 1958 ata 2011, moitos deles descatalogados.
Con esta acción, o Real Padroado busca ceder ás comunidades autónomas máis dun millón de exemplares procedentes do depósito legal da biblioteca.
Galicia incorporouse este ano ao padroado en representación das bibliotecas das comunidades autónomas, xunto con Euskadi e Cataluña, unha designación que ten carácter rotatorio.
Escribe o teu comentario