Enfermos de asbestose de Ferrol son devoltos da unidade específica a atención primaria

Ademais das deficiencias da propia unidade, En Marea demanda explicacións á Xunta por esta decisión.


|

Amiantouralita


A deputada autonómica de En Marea Eva Solla denunciou que desde a unidade de asbestose do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), creada para atender os pacientes afectados desta enfermidade, "está a trasladarse e a derivar a moitos dos seus enfermos ás consultas de atención primaria", polo que demandou "a existencia dun protocolo que xustifique esta medida" e comprometeuse a "trasladar e interpelar á Xunta sobre cal é o motivo da dita decisión".


Estas declaracións realizounas a tamén vicepresidenta do Parlamento de Galicia ao termo dun encontro mantido con integrantes da xunta directiva da Asociación Galega de Vítimas do Amianto (AGAVIDA) no seu local, situado no barrio ferrolán de Caranza.


Solla asegurou non entender "o motivo de por que pacientes que estaban a ser tratados nunha unidade especializada, creada para estas enfermidades, sexan agora trasladados a atención primaria, sen a existencia dun criterio homoxéneo".


A deputada de En Marea quixo incidir en que "existen persoas coa mesma enfermidade que si están a permanecer na unidade especializada, mentres que a outros se lles deriva", algo que ve que "non é normal".


A militante de Esquerda Unida aproveitou a súa presenza en Ferrol para anunciar que En Marea reclamará "a contratación de máis profesionais", xa que entende que "se necesitan máis neumólogos na unidade", á vez que lembrou que "a fisioterapia tampouco está incluída dentro das prestacións e por tanto existe unha deficiencia na propia unidade de asbestose".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE