Oncomet recollerá a próxima semana o galardón dos Premios Solidarios da ONCE

A previsión é que os primeiros resultados da investigación sobre a biopsia líquida se obteñan nun prazo de dous anos.


|

OncometequiposcrowdfundingO 'crowdfunding' permitiulles adquirir novos equipos.


O Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Oncomet, foi galardoado cun dos Premios Solidarios ONCE-Galicia 2017 polo seu proxecto de investigación sobre a Biopsia Líquida. O director do grupo, o doutor Rafael López, recollerá o galardón a próxima semana na Coruña.


Os Premios Solidarios ONCE-Galicia concédense a empresas, organizacións, medios de comunicación, persoas físicas e estamentos da administración pública aos que se recoñece "a súa contribución solidaria á defensa e apoio da integración das persoas con discapacidade e doutros colectivos en risco de exclusión".


PRIMEIROS RESULTADOS, EN DOUS ANOS


Oncomet recibe o premio pola "súa aposta na investigación sobre a biopsia líquida, un novo método de análise, máis rápido e menos invasivo, capaz de analizar tumores a través dunha simple extracción de sangue". A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos.


Tras a campaña de recadación de fondos para o estudo da biopsia líquida levada a cabo polo grupo no principio do ano, Oncomet atópase nestes momentos á espera da resolución do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia para comezar coa selección de pacientes. A previsión é que os primeiros resultados da investigación sobre a biopsia líquida se obteñan nun prazo de dous anos.


O Xurado dos Premios Solidarios ONCE Galicia 2017, emitiu o seu fallo a principios de novembro, outorgando os galardóns ademais da Oncomet, á curtametraxe 'Sin mis manos' de Ainé Producións, á activista coruñesa Laura Lizancos Moura, ao RC Deportivo e RC Celta e á Policía Nacional pola súa intervención nos incendios ocorridos no Sur de Galicia.


relacionada A ONCE premia en Galicia o compromiso de seis proxectos solidarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE