Carles Gil: “Atópome moi ben, sen molestias”

|


Depor 15

Fonte: RC Deportivo


O xogador do deportivo Carles Gil compareceu nunha rolda de prensa de Abegondo tras completar a súa recuperación. “Moitas veces opérasche e nin sequera é a solución, non foi o meu caso e eu atópome moi ben, sen molestias”, afirmou o valenciano, que estará a disposición do Deportivo este domingo no seu encontro contra o Athletic de Bilbao.


Carles Gil aínda non debutou no que vai de tempada por uns problemas de pubes que viña arrastrando desde hai tempo. Tras ser operado de pubalxia e recuperarse en rehabilitación, o xogador está “listo para entrar”, aínda que sofre “a falta de ritmo que se presupón”.


O mediapunta viviu o que para el foron “os peores meses” da súa carreira, e agora está ansioso por volver disputar co Deportivo. “Non podía case nin ver os partidos polas ganas de saltar ao campo”, afirmaba Carles, que tamén recoñeceu que “psicoloxicamente non aguantaba máis”. “Se non me operei antes foi porque non me vían nada operable”, argumentaba.


Adrián López tamén se recuperou da súa lesión no ombreiro durante o partido contra o Xirona, que desembocou nunha escordadura. Agora, o asturiano opta por ser titular e cubrir a baixa de Bakkali.

relacionada O Sevilla confirma que Berizzo sofre cancro de próstata
relacionada A fraxilidade defensiva manda ao Depor á lona

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress