Juan Postigo: "Gustaríame que a miña experiencia contribúa a normalizar a discapacidade"

|

Juanpostigogolf


Juan Postigo, o primeiro golfista español con discapacidade e sen prótese que logra entrar no circuíto profesional, impartiu este xoves unha charla-coloquio na Fundación María José Jove sobre 'Superación, Deporte e Felicidade', e na que transmitiu aos asistentes unha mensaxe de "optimismo".


Aos seus 21 anos, Juan Postigo gañárao case todo no golf adaptado e era un dos dominadores do circuíto mundial adaptado. Lonxe de conformarse, Postigo deu o salto ao profesionalismo, sendo o primeiro golfista español discapacitado sen prótese que o logra. Debuta en decembro.


"Gustaríame que a miña experiencia contribúa a normalizar a discapacidade, pero non só no deporte, senón en todas as situacións da vida", explicou en rolda de prensa este deportista, que manifestou que "non foi un camiño fácil e que se chegou ata aquí, é pola educación de base que me deu a miña familia".


MENSAXE DE SUPERACIÓN


Acompañado da presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, Postigo, que asegurou "estar a vivir un soño", quere transmitir unha mensaxe de "optimismo" e superación; ao mesmo tempo que espera poder axudar a "normalizar" a imaxe da discapacidade que aínda prevalece na sociedade.


Juan Postigo aprendeu desde neno a facer fronte ás dificultades derivadas da súa discapacidade. Naceu cunha malformación conxénita na perna dereita, moito máis curta e co pé pegado ao toco. Operado ata 7 veces, para alongar a súa perna, ata os 16 anos xogaba ao golf cunha prótese.


Nese momento convencérono para someterse a unha operación que debía axudarlle, pero que saíu mal. O nervio quedou danado de forma irreversible facendo imposible axustar prótese algunha.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress