O Concello insta a mellorar a lexislación contra o machismo

Esixe, entre outras medidas, "revisar a propia definición de violencia de xénero e o seu alcance"


|


Compostelaennegro3
A escritora Rosa Aneiros na lectura do manifesto contra as violencias machistas


O Concello de Santiago de Compostela urxe a tomar medidas que reforcen a lexislación ao redor de a loita contra a violencia machista, e considera “insuficientes” os esforzos na súa mellora. Esixe, de maneira pormenorizada, “revisar a propia definición de violencia de xénero e o seu alcance”, “recoñecer xuridicamente o fenómeno do homicidio” e incluír “apoio económico, psicolóxico e social” para as mulleres e fillos vítimas desta situación.


Estas reivindicacións ocuparon parte do manifesto lido este venres pola escritora Rosa Aneiros, durante un acto celebrado no Teatro Principal con motivo do Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas, mañá día 25 de novembro. O evento forma parte da campaña contra o machismo “Compostela en Negro”, co que 700 establecementos e institucións, así como os propios veciños da cidade, tínguense de negro mediante carteis e lemas de sensibilización.


O Concello tamén instou á Xunta a que “avance na concreción” do pacto galego contra a violencia machista, acordado o pasado 25 de xaneiro; e que “empezo a incrementar o orzamento de 2018” para a loita contra as violencias machistas, ata que se constitúa como o 1% do total das contas anuais da Xunta. Doutra banda, o consistorio expresou o seu compromiso en cuestións de violencia de xénero, que considerou unha “das máximas prioridades”.


Alcalde 1
Intervención de Martiño Noriega durante o acto


Tamén se lembraron cifras arrepiantes que poñen de manifesto o perigo e a magnitude do problema da violencia machista, cun total de 45 mulleres asasinadas en España no que vai de ano e un 35% de mulleres afectadas por esta secuela de maneira mundial. “Enfrontámonos a algo moi serio, algo que fala mal da sociedade actual”, afirmou Martiño Noriega, quen tamén animou aos estudantes composteláns a continuar coa campaña máis aló da súa propia duración, “máis aló do ornamento e máis aló dunha data”.


Á lectura do manifesto acudiron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois. Durante o evento desenvolvéronse diversas actuacións levadas a cabo polo equipo feminino de ‘roller derby’ As Brigantias e os alumnos de distintos centros santiagueses, con cancións de rap e textos reivindicativos en contra do machismo. Tamén se proxectou un vídeo titulado "Experimento social en negro contra as violencias, de Uqui Permuy  e Valentín Carreira, no que se tentaba visibilizar o problema e a importancia de paralo a tempo.


Brigantias

Actuación do equipo feminino de 'roller derby' As Brigadas

relacionada A capital galega tínguese de negro en contra do machismo
relacionada A violencia machista, "máis presente" e "menos denunciada" no rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE