En Marea esixe melloras sanitarias do Sergas nas Pontes

A vicepresidenta do Parlamento galego, Eva Solla, sinala as pingueiras e os problemas de xestión de baixas e vacacións do Sergas durante  o verán


|


Sergas 2


A deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, reclama unha maior atención sanitaria do Sergas no municipio das Pontes, tras sinalar que durante os meses de verán “non se cubriron as baixas e vacacións” dalgúns traballadores, o que propiciou, en consecuencia, “demoras de ata 20 días para unha consulta ordinaria” . Tamén sinalou a existencia de pingueiras e problemas de humidades nas instalacións.


A vicepresidenta do Parlamento corroborou estas queixas tras reunirse cos dous concelleiros de Xunt@s polas Pontes, María Chao e Alberte Pellón; e despois de trasladarse ao propio centro para comprobar por si mesma a veracidade do ocorrido no Sergas. A situación derivou mesmo na recollida de firmas e a convocatoria de diversas concentracións para chamar a atención da Xunta.


Problemas coas pingueiras, o centro de día e a ausencia de raios X


Eva Solla ve necesario que “se cubra aos médicos de Atención Primaria e que se dea cobertura en función das necesidades da poboación”. Tamén destacou as deficiencias das instalacións no referente “ás humidades”, onde “a Xunta comprometeuse ao seu arranxo” pero sen solucións ata a data.


A deputada de En Marea reclamou ademais a instalación de un aparello de raios X para evitar desprazamentos ata Ferrol, e explicou que o centro de día, servizo prestado pola Xunta, “non ten a totalidade das súas prazas cubertas”, polo que se descoñece o motivo das listas de espera orixinadas.

relacionada Aos sindicatos non lles dan as contas coas prazas da OPE do Sergas
relacionada O Sergas distribúe cada día case 10.000 entregas de material aos centros sanitarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE