​Ferreiro estuda denunciar ao PP, que o acusa de adxudicar "a dedo"

|

Xulioferreiromicros


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, avanzou que estuda denunciar ao PP por "dar publicidade masiva a mentiras e insidias" contra o goberno local e "difamar" a súa persoa en relación ao proceso de adxudicación da xestión do antigo cárcere.


Mentres, a portavoz do grupo municipal do PP Rosa Gallego reiterou a súa denuncia de que se tratou dunha "adxudicación a dedo" á entidade 'Proxecto Cárcere', á vez que avanzou a presentación dun recurso pola vía do contencioso.


A preguntas dos xornalistas, sobre uns folletos elaborados polo PP e repartidos na cidade sobre esta suposta adxudicación "a dedo", o alcalde reiterou que o goberno local actuou con "transparencia, legalidade e exemplaridade".


"ILEGAL" PARA O PP


Así, defendeu o procedemento administrativo que se abriu para adxudicar a cesión de uso de espazos do antigo cárcere provincial para destinalo a proxectos de dinamización cultural e sociocultural.


Ademais, sinalou que se o PP "ten algo que dicir da adxudicación debería facelo nos xulgados". En resposta a estas declaracións, a portavoz do grupo municipal do PP asegurou que no folleto non se acusa ao goberno local nin ao alcalde de delito".


Con todo, insistiu en que este proxecto "adxudicouse a dedo". "Cando non había nin bases, xa dixen que se ía adxudicar ao Proxecto Cárcere", insistiu sobre os finalmente seleccionados no concurso. Ademais, considerou que se trata dunha resolución "ilegal".


relacionada Beatriz Mato confirma a súa vontade de pasar á política local
relacionada Ferreiro nega as "facturas sen control" que denuncia o PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress