A capital galega tínguese de negro en contra do machismo

|


Compostelaennegro


A campaña contra a violencia machista “Compostela en negro”, que se desenvolve na capital galega desde hoxe, 23 de novembro, ata o vindeiro domingo, conta con o apoio de 700 establecementos e entidades diferentes. Santiago de Compostela únese, por terceiro ano consecutivo, en contra da lacra social que supón o machismo.


Nesta edición son 700 os establecementos e entidades que decidiron colaborar tiñéndose de negro como acto reivindicativo, pero tamén os veciños da capital tiveron a oportunidade de sumarse á campaña. O Concello repartiu, a través de catro centros sociais, material de difusión en torno ao evento, que a concelleira Marta Lois asegura esgotarse enseguida e en ata “dúas ocasións”.


O aparente éxito da campaña satisfai aos seus promotores, quen se alegra ao ver “tanta xente, tantas entidades culturais e deportivas que solicitaron motu proprio participar na campaña. Segundo o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a campaña é “de todos e non de ninguén”, asegurando que a loita contra o machismo é do pobo, aínda que iso non implique o cruzamento de brazos das institucións.


Compostelaennegro2


En negro, contra as violencias


Compostela en Negro deu inicio en 2015, como unha campaña de carácter local en contra do machismo. Despois de dous anos e coincidindo na súa terceira edición co Día Internacional contra a violencia machista, a súa influencia expandiuse por toda a comunidade galega. Baixo o nome de “En negro, contra as violencias”, un total de 75 concellos e tres deputacións uníronse a este gran acto reivindicativo, que busca visibilizar e repudiar unha das formas de desigualdade máis perigosas e activas, con 780 asasinatos machistas en España e 53 en Galicia desde 2003.


En todos os concellos participantes levaranse a cabo unha serie de actividades que seguirán o ton de compromiso e sensibilización propio da campaña. En Santiago de Compostela, mañá día 24 de novembro lerase na Praza do Obradoiro un manifesto contra as violencias machistas, seguida dunha concentración na que se busca implicar a toda a cidadanía compostelá. Ademais, construirase na propia praza. e coa participación especial do equipo feminino do Roller Derby “As Brigantias”, unha imaxe colectiva que plasme o lema da campaña “Compostela en Negro”.

relacionada A violencia machista, "máis presente" e "menos denunciada" no rural
relacionada ​A loita contra a violencia machista consegue puntos de acordo no Parlamento galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress