O primeiro temporal do outono deixa un regueiro de incidencias en terra, mar e aire

|

Temporalgaliciaarbolcarretera 1


O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112-Galicia rexistrou ata as seis da tarde un total de 77 incidencias relacionadas coa alerta por vento.


Segundo informou o 112, a caída de árbores ou pólas ás estradas foi o incidente máis frecuente, aínda que tamén se rexistraron avisos pola presenza doutros obxectos nas vías, por postes danados ou pola caída de carteis ou sinais de tráfico á calzada.


A provincia máis afectada é a de A Coruña, onde se contabilizaron 26 incidentes. A continuación, séguelle a de Pontevedra, con 25. Na provincia de Lugo producíronse 20 incidencias e na de Ourense, 6.


Por concellos, destaca o de Vigo, onde se produciron 8 incidentes. De feito, na cidade olívica produciuse a única vítima polo momento deste episodio, unha persoa á que lle caeron encima os cristais dunhas xanelas rotas.


DE VOLTA A MADRID


Dous voos procedentes de Madrid que tiñan previsto os seus aterraxes nos aeroportos da Coruña e Santiago regresaron a Barajas ao non poder aterrar debido ás condicións meteorolóxicas.


Concretamente, tenderon que regresar ao aeroporto Adolfo Suárez-Barajas os voos de Iberia da tarde do mércores. No caso da Coruña, ademais, quedou cancelado o voo que iría de regreso á capital española, segundo informaron a Europa Press fontes de Aena.


Estas son algunhas das consecuencias do temporal que entrou na tarde deste mércores en Galicia e que xa obrigou a suspender o transporte regular na ría de Vigo entre Cangas e Moaña polas condicións do mar.


No que vai de día, contabilizáronse máis de 250 raios na Comunidade galega. Ademais, Cedeira rexistrou un refacho de vento de 127 quilómetros por hora.


relacionada ​A choiva regresa a Galicia acompañada de alertas por vento en terra e por ondas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress