A regulación dos xurros proposta pola PAC afecta as granxas galegas

|

UnionsAgrarias 1

O sindicado Unións Agrarias durante a manifestación do sábado 18 de novembro.


O sindicato Unións Agrarias solicitou á Consellería do Medio Rural a creación dunha mesa de traballo que estude solucións para atenuar o impacto previsto polas novas esixencias da Política Agrícola Común (PAC). Nelas, faise referencia ao tratamento de xurros, facendo “inviablesas granxas galegas.


Tal como recóllese no Real decreto 988/2017 sobre as condicións que as granxas deben cumprir para poder recibir axudas da Política Agraria Común no ano 2018, a regulación nacional establece a prohibición de que os xurros poidan ser aplicados en superficie por medio de cisternas tal como ven practicando na actualidade. En cambio, a lei establece que este fertilizante natural se pode ser inxectado nas terras, unha medida que resulta inviable a nivel económico co modelo galego de explotacións gandeiras.


En Galicia, este sector produce anualmente 15 millóns de metros cúbicos de xurro, que se usa como abono nas explotacións gandeiras. Se finalmente non se permite a súa aplicación por medio de cisternas, desde o sindicato advirten de que supoñería para o medio rural galego “un gravísimo problema económico” ademais de provocar “un colapso ambiental pola imposibilidade de tratar os residuos nas explotacións”

relacionada Centos de persoas reclámanlle á Xunta "menos propaganda" co medio rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress