A RAG organiza un simposio en honor a Carlos Casares

|


Rag


A Real Academia Galega inaugurou un simposio sobre Carlos Casares e a súa obra, a través dunhas xornadas que se estenderán ata o xoves na sede da institución e que contan co apoio da Consellería de Cultura. 


A inauguración do evento contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o fillo do homenaxeado e membro da Fundación Carlos Casares, Hakan Casares; e o presidente da RAG, Víctor Freixanes.


De acordo a Víctor Freixanes, o simposio supón “unha nova oportunidade para profundar na obra dunha das figuras máis significativas da literatura galega contemporánea”. 


O escritor, investigador e académico Arcadio López-Casanova protagonizou a conferencia da primeira xornada, na que elaborou un retrato do homenaxeado. Con este programa, culmina un mes de xornadas dedicadas ao escritor, que comezou coas organizadas pola Fundación Carlos Casares en Ourense e Vigo e que continuou cos encontros celebrados a semana pasada no Consello da Cultura Galega.

relacionada A XXVII edición da Semana de Cinema Submarino chega ao Teatro Afundación de Vigo
relacionada 'Soul Maxín' e 'Astrogirl' gañan o concurso de bandas emerxentes 'Outra+Outra'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress