Venezuela agarda pagarlle en decembro aos pensionistas galegos

O presidente venezolano espera solventar o problema en decembro de 2017


|

Maduro 2


O Consulado de Venezuela en Vigo espera “instrucións” por parte do presidente Nicolas Maduro arredor da regularización do pago das pensións que veñen debendo desde xaneiro de 2016, e que se esperan poder liquidar en decembro deste ano.


En declaracións a Europa Press, o cónsul de Venezuela en Vigo, Martín Pacheco, afirma que o Consulado non dispón de “información concreta máis aló da expectativa”. A espera de novas instrucións, xa son máis de 3.000 persoas as afectadas pola falta de pagamento das pensións, tanto de galegos retornados como de venezolanos emigrados, segundo o presidente da Federación de Venezolanos en Galicia, Manuel Pérez Vidal. 


Tamén indicou que algúns lograron cobrar a pensión a través da Seguridade Social española coa "mediación" da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta e en virtude do acordo bilateral entre España e Venezuela. 


As declaracións do presidente venezolano


“Hai un problema con algúns pensionados que están no exterior, que debe resolverse moi pronto”. Así o confirmaba Nicolás Maduro durante a entrevista que mantivo con Jordi Évole no “Salvados” deste domingo. O presidente venezolano atopou as causas do problema coas pensións en “a baixada abrupta, dramática, das divisas do país”. 


Así mesmo, na propia entrevista previu que “esas pensións que teñen que ser pagadas en moeda internacional van ser resoltas no mes de decembro”, e á súa vez defendeu que o 92% das persoas en idade de ter subsidio deste tipo conta con “unha pensión de dignidade”.

relacionada Abel Caballero denuncia presións de Feijóo para privar a Vigo da liña de AVE
relacionada Criticas do Goberno venezolano á reunión entre Ledezma e Rajoy en Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE